Fin da etapa

Boa tarde!!! Estamos chegando o final da materia, polo que como en todo final gustaríame facer unha reflexión de todo o aprendido. En primeiro lugar, destaco que a esta materia correspóndelle moi poucos créditos para todo o traballo que levou a hora de facer o proxecto. Tamén se trata dunha materia máis extensa cá outras na cal deberíamos ter máis horas para poder adicarlle moito máis tempo. En segundo lugar, todo o aprendido nesta materia servirá de proveito nun futuro nas nosas aulas de Educación infantil. Ademais, moitos dos recursos utilizados eran totalmente descoñecidos para min polo que foi unha asignatura na que aprendín moitísimo. Finalmente, creo que esta asignatura é moi importante na nosa carreira xa que cada vez son máis relevantes as novas tecnoloxías nos máis pequenos.